Monday 29 de April de 2024

O grupo municipal socialista reafírmase no seu compromiso co Servizo de Axuda no Fogar e esixirá que se incremente a partida orzamentaria para garantir unha “lista de agarda a cero”


Mila Castro demanda que, na nova licitación, se incrementen as horas dun servizo “prioritario” para que “as persoas maiores teñan garantida unha calidade de vida óptima cunha atención no seu entorno”

Co obxectivo posto nunha nova licitación que facilite a mellora das condicións laborais das traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), o grupo municipal socialista reuniuse co seu comité de empresa para interesarse polo estado do servizo. A concelleira Mila Castro insiste en que se debe seguir pola senda iniciada no pasado mandato “ampliando as horas do servizo” e ofrecendo “facilidades ás traballadoras, como a tarxeta aparcadoiro que puxemos en marcha para permitir que puidesen deixar o seu vehículo en calquera zona de Santiago”.

Castro insiste en que é necesaria unha nova licitación do servizo, “ese era o noso compromiso, tan pronto como nos fose posible, iniciar unha nova licitación, cun novo estudo económico adaptado á situación actual”. Explica que ata o de agora o Concello non puido rescindilo, como tampouco revisar as condicións económicas dentro do prazo de 3 anos que figuraba na anterior licitación, tal e como recolle a lei de contratos.

“Agora que se vai a iniciar a negociación dos orzamentos, é imprescindible que enriba da mesa se poña un incremento da partida para o SAF, tal e como fixemos nós, que asegure unha cobertura total a todas as persoas demandantes de servizo” insiste Castro que recalca a necesidade de que “a lista de agarda volva a ser cero, como procuramos no noso mandato”.